Turistalent: talento en acción. Acelerando ideas que reinventan a experiencia turística . Formulario Bases Legais Decreto Turistalent: talento en acción. Acelerando ideas que reinventan a experiencia turística . Formulario Bases Legais Decreto

TurisTalent 5.0 é unha iniciativa pioneira a nivel municipal que ten como obxectivo impulsar proxectos emprendedores e innovadores no ámbito do turismo e a enogastronomía en Lugo.

A través de formación especializada e acompañamento experto, o programa busca converter ideas con potencial en propostas reais que contribúan ao desenvolvemento e dinamización do sector.

FORMACIÓN E MENTORING

Un completo programa de capacitación coa nosa rede de expertos multidisciplinares.

ESPAZOS E NETWORKING

Todo o que a túa idea precisa para medrar. Buscas contactos? Aquí poderás atopalos.

INVESTORS DAY E PREMIOS

Os proxectos necesitan inversión para acelerar. Turistalent é a chave ao teu futuro.

FASE 0 CONVOCATORIA

TurisTalent 5.0 lanza a súa convocatoria dirixida a proxectos en fase pre-seed que aposten pola innovación en turismo e en enogastronomía. O programa está aberto a iniciativas que exploren novos enfoques e solucións en ámbitos como o turismo rural, os servizos ao visitante, as axencias de viaxes, os aloxamentos turísticos, o enoturismo, o turismo activo e de aventura, o turismo sostible, a gastronomía local, a mobilidade  turística, a dixitalización de experiencias, a comercialización de produtos turísticos, a tecnoloxía aplicada ao sector, a accesibilidad e inclusión en destinos, ou outros relacionados coa mellora e dinamización do sector.

Impulsada polo Concello de Lugo, esta iniciativa pioneira a nivel municipal busca detectar e acompañar ideas con potencial que contribúan á transformación do ecosistema turístico local a través de formación especializada, mentorización experta e un entorno favorable para o desenvolvemento emprendedor.

FASE 1 ACADEMIA

Etapa de preaceleración centrada na validación da proposta de valor de cada proxecto no mercado. Inclúe formación especializada, sesións de mentorización individualizadas, mesas redondas con emprendedores e actividades de networking. Desenvolverase no Edificio Impulso Verde do Concello de Lugo, con sesións os venres pola tarde e os sábados pola mañá.

FASE 2 TURISTALENT DAY

Os proxectos presentarán os seus avances ante un Comité Técnico que avaliará o seu grao de madurez. Ao remate da xornada, seleccionaranse ata 10 proxectos para continuar na fase de aceleración. É un momento clave para identificar o potencial e as necesidades específicas de cada iniciativa.

FASE 3 ACELERACIÓN

Fase intensiva deseñada para levar os proxectos ao seguinte nivel. Traballarase na súa escalabilidade, estratexia de crecemento, acceso a novos mercados e planificación a medio prazo. O obxectivo é consolidar e fortalecer cada iniciativa de cara á súa saída ao mercado.

FASE 4 INVESTORS DAY

No Investors Day, os proxectos acelerados presentaranse ante un panel de investidores nacionais e internacionais. Será unha xornada clave para dar a coñecer en detalle cada proposta, conectar con potenciais socios estratéxicos e captar o apoio necesario para o seu lanzamento definitivo.

O coñecemento

Ao teu alcance

O noso equipo de expertos confórmano destacados profesionais de distintos ámbitos e especializacións. Terás contacto directo con profesores, mentores, empresas, inversores e entidades colaboradoras.

Espazo e recursos para

medrar e acelerar

Un espazo de traballo onde dar vida ao teu proxecto, acceso a instalacións e servizos, Networking e contacto con inversores, Demodays onde facer brillar a túa idea e financiación e premios para lanzala ao mercado.

É Turistalent 5.0 a Aceleradora para o meu proxecto?

Se tes unha idea innovadora relacionada co Turismo, estás en fase pre-seed e levas menos dun ano de actividade, a resposta é SI! Acelera o teu proxecto con nós.
Travel Tech

Travel Tech

Transformación dixital do turismo, as viaxes e as experiencias.

Social Tech

Social Tech

A conexión entre o dixital e a sociedade. Ideas innovadoras para cambiar o Turismo.

Gastro Tech

Gastro Tech

Proxectos 360º do sector gastronómico: produto, restauración, cultura e turismo.

Sostibilidade

Sostibilidade

Proxectos enfocados a asegurar un desenvolvemento sostible no sector turístico.